O sábado 8 de marzo celebrarase, como cada ano, o Día Internacional da Muller.
A efeméride coincidirá en Portonovo coa popular Festa do Jato, motivo polo que o Concello de Sanxenxo decidiu unificar os actos previstos aproveitando a propia Festa do Jato.
Desta forma ás 12.00 horas a actriz, cantante e xornalista Jazmín Abuín encargarase de ler o manifesto do 8-M no Campo de San Roque.
Ademais, durante a xornada vai instalarse un punto violeta contra a violencia de xénero na Praza Méndez Núñez, de 13.00 a 16.00 horas e de 23.00 a 02.00 horas.
Tamén se celebrará ás 17.00 horas un obradoiro de manualidades en Igualdade no Campo de San Roque.
Ante todos os actos e festexos previstos, a Policía Local de Sanxenxo, en coordinación coa Asociación Rúa dos Viños, ten previsto activar un plan de tráfico e de seguridade durante a Festa do Jato.
O acceso a Campo de San Roque, Rúa Méndez Núñez, Rúa da Mariña desde a confluencia con Rúa Augusto Besada e Rúa Santa Catalina estarán cortadas ao tráfico rodado e os estacionamentos libres de vehículos.
Doutra banda desde as 12:45 horas ata as 13:30 vai cortarse o tráfico cara á lonxa, Rúa da Mariña e Campo de San Roque durante as carreiras infantil e adulta.
Finalmente, na rotonda do Pescador habilitarase un punto de emerxencias con presenza da Policía Local, unha ambulancia e efectivos de Emerxencias.