Amizade aborda co alcalde de Poio a accesibilidade dos edificios municipais

Poio
04 de maio 2022

Representantes da directiva de Amizade reuníronse este mércores co alcalde de Poio, Luciano Sobral, para abordar unha serie de cuestións como a situación de accesibilidade dos edificios municipais, a accesibilidade ao entorno urbano, ou o outorgamento das tarxetas de estacionamento, entre outros asuntos

Representantes de Amizade co alcalde de Poio Amizade

Representantes da directiva de Amizade reuníronse este mércores co alcalde de Poio, Luciano Sobral, para abordar unha serie de cuestións como a situación de accesibilidade dos edificios municipais, a accesibilidade ao entorno urbano, os aparcamentos, outorgamento das tarxetas de estacionamento, entre outros asuntos.

O alcalde comprometeuse a estudar as demandas presentadas e a manter un contacto máis fluído cos representantes de Amizade co obxectivo de mellorar a actuación municipal.

A xuntanza serviu xa para comprometerse a ter unha reunión con responsables da Policía Local na que a asociación Amizade proporá a necesidade de efectuar campañas de control de uso das tarxetas de estacionamento co obxectivo de detectar posibles situacións de fraude.

Con esta campaña pretenden achegar a súa visión sobre como deben ser as políticas que afectan á vida das persoas con discapacidade, de maneira que se faga efectivo o lema de "Nada sobre nós, sen nós", e coa intención tamén de "informar e formar a políticos e técnicos para que o resultado do seu traballo futuro sexa mellor que o actual".