Encontro na Xunta de Galicia para explorar novas opcións coas que incrementar o parque público de vivendas en Sanxenxo.
A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, mantivo este luns unha reunión co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, en San Caetano.
O obxectivo era tratar a situación de déficit de vivenda no municipio.
Por ese motivo, avanza o goberno autonómico, abordáronse propostas para a construción de nova vivenda protexida nos próximos anos.
A conselleira e o alcalde acordaron manter un novo encontro en próximas datas no que seguir avaliando opcións de solo no concello.
Na reunión participaron tamén o secretario xeral de Vivenda, Heriberto García Porto, e a tenente de alcalde de Sanxenxo, María Deza.