Arredor de 2.000 escolares gozan co galego no 'Correlingua'

Pontevedra
15 de maio 2015

'Galego, a nosa creación común' é o lema co que se desenvolveu o Correlíngua deste 2015 con alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria de vinte centros. Se fuches ao Correlíngua de seguro que saes na foto (GRAN GALERíA)

Correlingua 2015 Mónica Patxot

Ata preto de 2.000 nenos de vinte centros escolares encheron durante a mañá deste 15 de maio as rúas do centro histórico de Pontevedra con motivo da celebración de Correlingua, a carreira popular na que se reivindica a utilización da lingua galega.

Nenos dos centros educativos de Pontevedra: CEIP San Martiño, CEIP Plurilingüe Froebel, CEIP Manuel Vidal Portela, CEP Marcos da Portela, CEE Príncipe Felipe, CEP Campolongo, CEIP Príncipe Felipe, CEIP A Xunqueira 2, CEIP Parada-Campañó e IES Frei Martín Sarmiento. Ademais de estos centros de ensino tamén participaron outros da contorna: CEIP plurilingüe, Rosalía de Castro de Carril, CEI Campelo Afundación, CEIP Isidora Riestra, CEIP plurilingüe de Chancelas, IES de Poio, CEIP Espedregada-Raxó de Poio, CPI de Ponte Cesures, CPI Afonso VII de Caldas, CEIP Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados e IES de Cotobade.

A carreira finalizou cunha festa final na Praza da Ferrería conducida polo cantante Xurxo Souto, de Os Diplomáticos de Monte Alto, e coa actuación musical do grupo Bocinazo que fixo versións de distintos temas, entre eles, 'O Ritmo do Garaxe' de Loquillo que, a pesar de cambiarlle a letra a lingua galega, o retrouso se mantiña, curiosamente, en castelán: "porque yo tengo una banda de rock and roll". Os nenos saltaron e bailaron durante esta festa, que contou con animación de música, malabares e o dragón de Art Monium. Todos os participantes recibirán un lote de libros doados por librarías e editoras de Pontevedra.

Esta proposta de carácter lúdico-educativo busca que os mozos participen nun acto público para reivindicar o dereito a crecer en galego e desenvólvese en 12 bisbarras galegas e comezaron o 4 de maio en Compostela e finalizan o 15 de maio en Pontevedra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora