120 persoas asistían este domingo á asemblea informativa veciñal convocada no Pavillón de Carballedo para analizar a instalación dun parque eólico nos Cotos.
Este proxecto afecta a cinco parroquias do municipio: Viascón, Borela, Loureiro, Carballedo e Rebordelo. O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, participaba nesta sesión para analizar esta proposta, segundo fontes municipais.
A Xunta de Montes de Carballedo xa manifestara a súa oposición a este proxecto nunha asemblea celebrada o 5 de xuño, que reclamaban tamén ao Concello que presente as súas alegacións ao proxecto.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico xa sacaba a información pública no mes de maio a información pública outro parque eólico que afecta a catro parroquias do municipio, o do Parque Siroco. Na proposta contemplábase a instalación de once aeroxeradores de 5,6 megawatts cun investimento de 52,5 millóns de euros.