Bolo do Pote, a tradición faise oco na Alameda

Marín
27 de febreiro 2023

A Asociación Pousos da Area de Marín desenvolveu unha nova edición desta tradicional festa coa receita que se empregaba en numerosas casas de Galicia durante os tempos de escaseza

Degustación do bolo do pote na Alameda Rosalía de Castro Concello de Marín

Fariña de millo e auga de cocido, con estes ingredientes elaborábase tradicionalmente a receita do Bolo do Pote nos tempos de escaseza de numerosas vivendas en Galicia.

A Asociación Pousos da Area volvía lembrar durante o mediodía deste domingo a fórmula para crear este alimento coa celebración da décimo novena edición da Festa do Bolo do Pote. 

O acto desenvolvíase na Alameda Rosalía de Castro con animación musical.

Todas aquelas persoas que se achegaron tiveron a oportunidade de degustar este alimento de maneira gratuíta. 

Esta festa celébrase como peche do Entroido local recuperando a idea deste prato cocido en auga de caldo, acompañado de chourizo e orella de porco.

A actividade contou coa colaboración do Concello de Marín.