Búscanse corsarios e ingleses. Razón: Festa Corsaria de Marín

Marín
03 de agosto 2018

Buscan voluntarios que queiran participar simulando ser ingleses ou corsarios no desembarco corsario que están a planificar por segundo ano. Será a noite do sábado 18 de agosto e busca reproducir a famosa batalla de Aguete 

Festa Corsaria de Marín

Os organizadores da sétima edición da Festa Corsaria de Marín acaba de lanzar un chamamento á cidadanía. Buscan voluntarios que queiran participar simulando ser ingleses ou corsarios no desembarco corsario que están a planificar por segundo ano consecutivo

O desembarco será a noite do sábado 18 de agosto e busca reproducir a famosa batalla de Aguete, que tivo lugar o 22 de agosto de 1.800 entre o exército inglés e a frota dos irmáns Gago de Mendoza. Os marinenses lograron vencer ás tropas inglesas, que buscaban capturar á fragata Alcudia, o correo do rei Carlos IV, que estaba cargada de prata que viña á capital de provincia. 

Tras o éxito do ano pasado, este ano o concello marinense decidiu potenciar o desembarco con varias novidades que incrementarán a participación cidadá. 

Para preparar o desembarco haberá un cita os próximos martes 7 e mércores 8 a partir das 20.00 horas no Multiusos do Mercado de Abastos. Responsables da empresa Especialistas Hípica Celta realizarán dous talleres prácticos de 90 minutos de especialistas de cinema e de extras.

Os talleres serán totalmente gratuítos e todas as persoas interesadas deberán apuntarse calquera dos dous días a partir das 19.30 horas no mercado ou por correo electrónico na dirección festacorsariamarin2016@ gmail.com.

O Concello de Marín avanza que na programación deste ano repetirán o formato do concerto do grupo Pelepau e o grupo Acibreira, ademais da celebración da vila mariñeira e a feira de artesanía.