Cabaciñas recheas de Atún Claro Pescamar

Pontevedra
07 de outubro 2017

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un dos peixes en lata máis exquisitos e demandados: o atún claro.

Cabaciñas recheas de atún
Cabaciñas recheas de atún

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un dos peixes en lata máis exquisitos e demandados: o atún claro.

Esta especie tamén é coñecida polo seu nome en inglés: "yellowfin tuna", traducido literalmente como atún de aleta amarela. A súa prezada carne é firme e rosada e de sabor máis suave que outros peixes da súa mesma familia. De hábitos migratorios, captúrase por grandes barcos nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "o peixe en conserva alimenta igual que o peixe fresco ou conxelado. Ademais, pode beneficiarse do valor engadido nutricional doutros produtos, por exemplo, o aceite de oliva".

Para preparar unhas deliciosas Cabaciñas recheas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar

- 5 cabaciñas

- 2 ovos

- 1 cebola grande

- pan moído

- 3 culleradas de salsa de tomate

- 150 gramos de migalla de pan

- cuarto vaso de leite

- 2 dentes de allo   

- aceite de oliva

- sal

Elaboración:

Pelamos as cabaciñas e partímolas ao longo en dous anacos. Baleirámolas con coidado. Reservamos a polpa para o recheo.

Cocemos as cabaciñas en auga fervendo e sal durante dez minutos.

Fritimos a cebola, finamente picada, os allos e a polpa das cabaciñas. Cando estea todo ben pasado, engadimos o contido das 2 latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar (só o atún claro, sen o aceite), a salsa de tomate e a migalla de pan previamente remollada en leite. Deixamos a lume lento uns poucos minutos, ata que se fundan os ingredientes. Retiramos do lume, engadimos os ovos batidos e mesturamos.

Enchemos as cabaciñas. Untámolas con aceite, pasámolas por pan moído e finalizamos gratinando ao forno.

As Cabaciñas recheas de Atún Claro Pescamar son unha boa alternativa tanto para entrante como en prato principal.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.