Casa Román, El Cafetín de la Alameda e PTV, premios Pontedetapas 2015

Pontevedra
01 de decembro 2015

A Casa da Luz foi este martes o escenario no que se deu a coñecer o nome dos gañadores do certame Pontedetapas 2015 no que participaron 53 establecementos da cidade, deles 25 competiron en tapas tradicionais, 34 en tapas creativas e 14 na categoría de cóctel

Certamen Pontedetapas 2015 Cristina Saiz

A Casa da Luz foi este martes o escenario no que se deu a coñecer o nome dos gañadores do certame Pontedetapas 2015 no que participaron 53 establecementos da cidade, deles 25 competiron en tapas tradicionais, 34 en tapas creativas e 14 na categoría de cóctel.

Son tres as categorías disputadas: mellor tapa tradicional, mellor tapa creativa e mellor cóctel. Ademais o público votou a Tapa Pontevedra, o bocado que competirá no certame "De tapas por Galicia" que promove Turismo de Galicia entre os gañadores dos concursos gastronómicos das sete capitales galegas.

PREMIOS DO XURADO

  • 1º Premio do Xurado na Categoría Tapa Tradicional: CASA ROMÁN, coa tapa "Cocido galego"
  • 1º Premio do Xurado na Categoría Tapa Creativa: EL CAFETÍN DE LA ALAMEDA, coa tapa "É tempo de navallas"
  • 1º Premio do Xurado na Categoría Cóctel : PTV, co cóctel "Margarida de bombón"

 

  • 2º Premio do Xurado na Categoría Tapa Tradicional: TAPERÍA DEJAVI, coa tapa "Nunca máis"
  • 2º Premio do Xurado na Categoría Tapa Creativa : TAPERÍA LOAIRA, coa tapa "Petisco de mar"
  • 2º Premio do Xurado na Categoría Cóctel : EL PECADO TAPERÍA, co cóctel "Chocolat Pecado"

 

PREMIO DO PÚBLICO

  • Premio do Público "Tapa Pontevedra 2015": EL CAFETÍN DE LA ALAMEDA, coa tapa "É tempo de navallas" con 4.030 puntos
  • 1ª Mención Honorífica do Premio do Público: TAPERÍA LOAIRA, coa tapa "Petisco de mar" con 2.820 puntos
  • 2ª Mención Honorífica do Premio do Público: CRE-COTTÊ, coa tapa "É segredo" con 2.555 puntos

 

De entre os 21.915 cupóns válidos entregados polo público que participou dun xeito activo certame Pontedetapas escolleuse, por extracción ao azar, un gañador dun único premio de 1.000 euros en vales para gastar no comercio/mercado local.

BALANCE DE PONTEDETAPAS

Nos dez días do concurso vendéronse 33.007 tapas e cócteles, un reconto feito a partir dos tickets de compra, segundo explicou a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías quen subliñou o agrado dos hostaleiros locais polos resultados acadados.

Algúns dobraron as ventas respecto do ano anterior e todos falan da intensa actividade rexistrada durante o Pontedetapas.

Pontedetapas é unha xanela para amosar e compartir a alta calidade e creatividade da gastronomía local pero tamén ten unha rendibilidade económica significativa: as 32.082 tapas xeraron uns ingresos de 64.164 euros en tanto que os 925 cócteles supuxeron 2.775 euros.