Catro meses e medio para renovar todo a iluminación de Marcón e Mourente

Pontevedra
02 de novembro 2021

Setga será a encargada de renovar a LED toda a iluminación pública en Marcón e Mourente, as dúas próximas parroquias nas que se abordará esta actuación de eficiencia enerxética. Foi a adxudicataria deste contrato licitado polo Concello, polo que recibirá case 1,4 millóns de euros

Operarios de Setga realizan tarefas de mantemento no alumeado público Mónica Patxot

Setga será a encargada de renovar a LED toda a iluminación pública en Marcón e Mourente, as dúas próximas parroquias nas que se abordará esta actuación de eficiencia enerxética.

A compañía pontevedresa foi a adxudicataria deste contrato licitado polo Concello, polo que recibirá case 1,4 millóns de euros.

O prazo de execución destes traballos está fixado en catro anos e medio.

En total, substituiranse 2.088 luminarias e 41 cadros de mandos.

Ademais da redución na contaminación lumínica, este investimento permitirá reducir o consumo enerxético desta iluminación. Estímase un aforro do 70%.

Marcón e Mourente sumaranse así ás parroquias que xa substituíron a súa iluminación, que son Bora, A Canicouva, Ponte Sampaio e Lourizán.

PRÓRROGA DO GUINDASTRE E DO LOCAL DE ENSAIO

Ademais deste contrato, o Concello decidiu prorrogar un ano máis o contrato do servizo do guindastre municipal, en mans da compañía Setex Aparki, que continuará ata o 31 de decembro de 2022. Cobrarán un máximo de 607.000 euros.

Tamén se estenderá o contrato de xestión do Local de Música, neste caso ata o 25 de xaneiro de 2023. A adxudicataria, a empresa Xeneme, recibirá uns 90.000 euros.