Cerdedo-Cotobade énchese de Nadal coa cuarta edición do seu Concurso de Decoración

Cerdedo Cotobade
29 de outubro 2025

O certame convida á veciñanza e aos colectivos do municipio a decorar vivendas, fachadas, escaparates e espazos públicos

Concurso de Decoración de Nadal Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade presentou a 4ª edición do Concurso de Decoración, unha cita que busca encher o municipio de espírito festivo, apoiar o comercio local e fomentar un Nadal sostible a través do uso de materiais reciclados.

O certame convida á veciñanza e aos colectivos do municipio a decorar vivendas, fachadas, escaparates e espazos públicos, facendo brillar cada recuncho con creatividade e ilusión.

Hai dúas categorías: Familiar ou Individual, para persoas adultas residentes no municipio, e Colectiva, para comercios, locais de hostalería, asociacións ou comunidades de montes.

As inscricións están abertas ata o 10 de decembro, podendo facerse de forma presencial nas oficinas municipais (9:00 a 14:00 h) ou por correo electrónico en omix@cerdedo-cotobade.gal.

As decoracións deberán permanecer visibles ata o 7 de xaneiro de 2026.

O xurado valorará a orixinalidade, o deseño, o uso de materiais reciclables e o espírito navideño.

As propostas gañadoras recibirán premios de ata 300 euros e diplomas acreditativos.

A entrega de premios celebrarase o 27 de decembro no Pavillón de Deportes de Carballedo.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela, este concurso é moito máis ca unha actividade festiva "é unha forma de unir á nosa xente, compartir ilusión e facer de Cerdedo-Cotobade un lugar cheo de convivencia e orgullo colectivo neste Nadal", dixo.

Concurso de Decoración de Nadal     Concello de Cerdedo-Cotobade