Cerdedo-Cotobade ofrece asistencia técnica aos seus veciños para alegar contra o proxecto de parque eólico Siroco

Pontevedra
13 de maio 2021

O plan contempla a instalación de once aeroxeradores de grandes dimensións así como instalacións complementarias para evacuar a produción que afectarían as parroquias de Corredoira, Carballedo, San Xurxo, Santa María de Sacos e Cerdedo

Parque eólico Juan Mejuto

O Concello de Cerdedo-Cotobade traslada unha carta a cada unha das comunidades de montes afectadas polo proxecto de implantación do parque eólico Siroco, promovido pola entidade Greenalia Wind Power Tramontana S. L. U. que tramita o Ministerio de Transición Ecolóxica para informar que acaba de entrar en fase de exposición pública por período dun mes. 

Este proxecto afectaría as parroquias de Corredoira, Carballedo, San Xurxo e Santa María de Sacos, así como a Cerdedo a liña de evacuación. A intención dos promotores é instalar un total de 11 aeroxeradores cun investimento aproximado de 52,5 millóns de euros. 

Para presentar alegacións, as persoas ou entidades veciñais que así o consideren oportuno deberán facelo nas dependencias da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a través do Rexistro Electrónico da Administración Xeral do Estado, que é a competente nesta materia.

Para iso, o Concello de Cerdedo-Cotobade pon ao dispor dos interesados o asesoramento técnico municipal de medio ambiente.

Arquivado en