Comeza a última fase do plan de roza do rural de Marín

Marín
28 de xullo 2022

Os operarios da asociación Xoán XXIII encárganse destas tarefas de roza contratadas polo Concello de Marín e que neste momento avanzan pola zona de San Xulián e Santo Tomé de Piñeiro

Operarios da asociación Xoán XXIII rozan zonas rurais de Marín Concello de Marín

Os operarios da asociación Xoán XXIII continúan coas tarefas de roza contratadas polo Concello de Marín para manter o rural limpo. Os concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos achegábanse nesta xornada para coñecer o avance destes traballos.

Recentemente rematouse a actuación na denominada zona 3, que abarca Resille, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Xermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro, Igrexario de Mogor e Bagüín.

Neste final do mes de xullo estase actuando na zona 4, que comprende Carballal, Igrexario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de Santo Tomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza.

De cara a setembro, fontes municipais avanzan que se iniciará a limpeza dos terreos municipais dos montes da vila.