Comeza unha campaña solidaria de recollida de alimentos para animais da Protectora de Vilagarcía

Umia
12 de xaneiro 2026
Actualizado: 7:34

A Asociación Xuvenil Río Gallo organiza, desde este luns 12 ata o 6 de febreiro, esta iniciativa en apoio á Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa

Protectora de animais de Vilagarcía de Arousa Asociación Protectora de Animales de Vilagarcía de Arousa

A partir deste luns, 12 de xaneiro, a Asociación Cultural Xuvenil Río Gallo de Cuntis pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos para mascotas a favor da Protectora de Animais de Vilagarcía.

A iniciativa, apoiada polo Concello de Cuntis, busca sumar forzas para que ningún animal quede sen alimento durante este inverno.

Ata o 6 de febreiro, calquera persoa ten a posibilidade de colaborar achegando comida para animais domésticos.

O punto principal de recollida está no hall do Centro Patelas, situado na Rúa Xohán Xesús González en Cuntis,

Tamén se habilitaron outros espazos como Barber Studio, Agrícola Mieres, OMIX de Cuntis (de 9:00h a 14:00h), Agrocampo Barro/Campo Lameiro e Agrícola Hórreo. En todos eles poden depositarse alimentos para mascotas en horario comercial.

Desde a organización destacan que “cada pequeno xesto conta” e agradecen a solidariedade de todos os que participan.

Toda a axuda recibida será destinada directamente á Protectora de Animais de Vilagarcía, que continúa, con esforzo e dedicación, coidando dos animais máis necesitados na comarca.

Esta campaña quere sensibilizar á sociedade cun chamamento á empatía e ao compromiso cos animais abandonados.