Crónica dun timo motorizado: tres estafadores, unha moto e un plan que foi a pique

Pontevedra
25 de setembro 2025
Actualizado: 8:00

A Audiencia de Pontevedra condenou tres hombres por simular o roubo dunha moto para estafar a unha aseguradora

Audiencia Provincial de Pontevedra Mónica Patxot

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dous anos de prisión a dous homes por un delito de estafa procesual, tras finxir o roubo dunha motocicleta para cobrar o seguro.

Un terceiro implicado recibiu unha pena de seis meses de cárcere, ao aplicárselle a atenuante de confesión.

Ademais, o tres deberán indemnizar conxunta e solidariamente á compañía aseguradora cun total de 22.141 euros.

Segundo recolle a sentenza da Sección Cuarta, os condenados actuaron "de mutuo acordo e conforme a un plan previamente concertado" para obter un beneficio económico ilícito.

O grupo adquiriu unha motocicleta valorada en 22.500 euros nun concesionario, asegurárona a todo risco, incluíndo cobertura por roubo, e, posteriormente, un deles denunciou falsamente a súa subtracción.

A aseguradora, en cumprimento do contrato, pagou a cantidade correspondente.

Con todo, a fraude saíu á luz cando xurdiron desavinzas económicas entre os implicados, e un deles decidiu interpor unha denuncia na que revelou detalles do plan.

Ante esta sentenza cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.