A Deputación celebra a súa tradicional homenaxe ao persoal xubilado este ano

Pontevedra
19 de decembro 2025
Actualizado: 18:24

O presidente provincial, Luís López, presidiu o acto de recoñecemento aos 17 traballadores que conclúen a súa etapa laboral. López tamén lembrou os compañeiros falecidos este ano

Homenaxe aos xubilados da Deputación Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra celebrou este venres a súa tradicional homenaxe aos traballadores e traballadoras que se xubilan ao longo do ano.

Nesta edición, dezasete empregados do organismo provincial recibiron o recoñecemento por toda unha vida dedicada ao servizo público.

O presidente da Deputación, Luís López, presidiu o encontro, no que afirmou que "este é un día para celebrar, festexar e estreitar os lazos que nos unen, rendendo homenaxe a 17 persoas que dedicaron boa parte da súa vida ao servizo público, a construír desde a Deputación unha provincia máis unida, próxima e xusta".

Durante o acto, López pronunciou tamén unhas palabras de recordo cara a José Manuel Pérez Matos 'Portu' e José Ramón Paz Cacabelos, traballadores falecidos este ano.

"A casa de todos os pontevedreses foi, é e será por sempre a vosa casa; contribuístes a mellorar a atención á veciñanza e os seus servizos, e agora comeza unha nova etapa de merecido descanso xunto á familia e os amigos", engadiu.

Os homenaxeados foron: María Eugenia Valenzuela Senn, José Manuel García Ogando, Fernando Vilar García, Francisca Fernanda Uz Teijeiro, Obdulia Suárez Paz, María Isabel Bastón Rial, Manuel Ángel Lores Buezas, José Ramón Rodríguez Alonso, Miguel Gómez Márquez, Jesús Gabriel Martínez Vidal, Dionisio Calvarro Sánchez, Celso García Alonso, María Praceres Rodríguez Rey, José Luís Castro Carpinteiro, Rafael Castro Fontenla, Bernardo Sartier Boubeta e Juan José Beloso Mariño.

Homenaxe aos xubilados da DeputaciónDeputación de Pontevedra