Descartan dar 'marcha atrás' en Echegaray e A Barca porque os cambios funcionan "razoablemente ben"

Pontevedra
24 de xaneiro 2014

Mosquera sinalou que, antes do corte na Barca, pasaban por Echegaray uns 14.000 vehículos diarios e cruzaban a ponte preto de 18.000 ao día. Unha cifra que actualmente reduciuse ata unha cifra que rolda os 7.000 e os 14.000 coches, respectivamente. Por iso, á espera de que chegue o verán, a verdadeira proba de lume para todos estes cambios, no goberno municipal considera que os obxectivos van camiño de cumprirse

Rúa Echegaray cos novos aparcadoiros

As medidas adoptadas polo goberno municipal trala reapertura da Ponte da Barca están funcionando "razonablemente ben", segundo o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera. "Desde logo moitísimo mellor do que funcionaba antes", insistiu. Xa hai un mes que Echegaray e a súa contorna converteuse nunha zona para residentes e servizos, tempo suficiente para facer un "análise sosegado" duns cambios "satisfactorios".

Mosquera sinalou que, antes do corte na Barca, pasaban por Echegaray uns 14.000 vehículos diarios e cruzaban a ponte preto de 18.000 ao día. Unha cifra que actualmente reduciuse ata unha cifra que rolda os 7.000 e os 14.000 coches, respectivamente. Por iso, á espera de que chegue o verán, a verdadeira proba de lume para todos estes cambios, no goberno municipal considera que os obxectivos van camiño de cumprirse.

O edil nacionalista celebrou que, coas modificacións físicas en Echegaray, "erradicamos a histórica dobre fila" e o estacionamento para servizos en toda a rúa "salvo certas disfuncións" que foron solucionadas con algún axuste, demostrou a súa utilidade. Tanto que, segundo Mosquera, "todos están contentos" do resultado actual. "Salvo o señor Moreira que aínda no último pleno criticou o que fixemos".

Esta situación permitiu tamén, dixo César Mosquera, "eliminar os molestos bucinazos" na contorna de Alfonso XIII, onde se sitúan os colexios Froebel e Doroteas ou a Biblioteca municipal, aínda que recoñeceu que o cambio de sentido na rúa, que agora dirixe a Concepción Arenal, provocou algúns "infractores recalcitrantes", que foron multados pola Policía Local por circular de forma continua e consciente por dirección prohibida.

Mosquera asegurou que visto o resultado, veciños e comerciantes de Alfonso XIII solicitáronlle a peatonalización total da rúa, creando unha plataforma única ao estilo de Michelena ou Riestra. Pero por agora o Concello descarta tal actuación. "Se os tempos foran outros e houbese cartos, faríase, pero agora hai outras prioridades", sinalou o concelleiro. En todo caso apuntou que con estes cambios "xa está case peonalizada", o que aumentou a seguridade dos centos de nenos que acoden a diario a esa zona da cidade.