Descobren unha nova variedade de cogomelo atopado na contorna do lago Castiñeiras

Marín
02 de setembro 2017

O micólogo pontevedrés Jaime B. Blanco Dios, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra, publicará no próximo número da revista Tarrelos a descrición dunha nova variedade de Armillaria gallica que dedicará ao termo municipal de Marín onde se atopou

Armillaria gallica variedad marinensis Jaime Blanco Dios

O micólogo pontevedrés Jaime B. Blanco Dios, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra, publicará no próximo número da revista Tarrelos a descrición dunha nova variedade de Armillaria gallica que dedicará ao termo municipal de Marín onde se atopou.

Exemplares deste cogomelo foron atopados durante o pasado outono baixo os carballos americanos da contorna do lago Castiñeiras por Juan Manuel Pérez e Miguel Lameiro, destacados membros da citada asociación Brincabois.

Esta especie caracterízase especialmente pola ausencia do característico anel que presentan este xénero de fungos.