Un día "especial e emotivo" o vivido este domingo en Poio.
A Casa Rosada foi escenario da homenaxe do Concello de Poio a 19 matrimonios do municipio con motivo dos seus 50 anos de casados, as súas vodas de ouro.
Ao acto, ademais dos protagonistas e de amigos e familiares, acudiron o alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Benestar, Natividad Torres.
Cada matrimonio recibiu un diploma conmemorativo e un ramo de flores como símbolo da súa traxectoria vital e longa convivencia.
Trátase segundo o alcalde de "unha das celebracións máis emotivas do ano, porque nos lembra que o que realmente constrúe unha sociedade forte son as historias de vida compartidas".
Por iso asegura que "estes matrimonios representan o mellor da nosa comunidade: o compromiso, o coidado mutuo e a capacidade de superar xuntos os desafíos de toda unha vida".
O ambiente emotivo do acto permitó lembrar historias familiares e anécdotas de medio século de compromiso.
Unha unión que curiosamente comezou no ano 1975 coincidindo coa morte de Francisco Franco e por tanto co fin da ditadura.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.