Dobre cheo no 'Thanksgiving' da igrexa Virxe do Camiño

Pontevedra
25 de maio 2025
Actualizado: 17:42

A celebración iniciouse ás 12.00 horas coa Misa de Acción de Gracias. A partir de aí, todo foi festa e bo ambiente e a praza encheuse de persoas de todas as idades, de dentro e de fóra da parroquia

'Thanksgiving' en Virxe do Camiño

O adro da igrexa Virxe do Camiño de Pontevedra e a súa contorna volveu encherse este domingo dentro da celebración de 'Thanksgiving' organizada pola parroquia. 

Durante a tarde do sábado o ado encheuse de música e convivencia e este domingo repetiu éxito, con moita música e comida. 

Non faltou a vertente relixiosa. A celebración iniciouse ás 12.00 horas coa Misa de Acción de Gracias, o coñecido comoThanksgiving'. 

A partir de aí, todo foi festa e bo ambiente e a praza encheuse de persoas de todas as idades, de dentro e de fóra da parroquia. 

Tamén tivo peso a vertente gastronómica. Durante a mañá entregáronse os premios do concurso MasterChef e, a partir das 13.00 horas tivo lugar no atrio a iniciativa solidaria 'Come por Cáritas'

Callos e paellas cociñadas por alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza foron as estrelas do mediodía con comensais que encheron as mesas instaladas na contorna. 

A música volveu ter protagonismo. Sorteáronse dúas entradas para o festival O Son do Camiño e a sesión vermú estivo amenizada polo Somoza Trio

Os máis pequenos e pequenas tamén puideron gozar con barrachas e inchables e coas caricaturas en acuarela de Rafa Prieto

Pola tarde, a programación inclúe o evento 'Os Queremos', con música de Los Tres Soles del Paraguay, bingo, chocolate e premios para as persoas maiores de 65 anos.