Dous días de folga en Construcciones Crespo para evitar o peche da empresa

Pontevedra
10 de maio 2014

Serán catro medias xornadas de paro

Asamblea de traballadores de Construcciones Crespo PontevedraViva

A asemblea de traballadores de Construcciones Crespo decidiu en asemblea ir á folga para forzar a dirección da empresa a que reconsidere a súa decisión de acudir á liquidación. Convencidos de que a firma pontevedresa ten futuro, o equipo esixe un plan de viabilidade para saír con éxito do concurso de acredores.

Segundo o acordo adoptado este venres no edificio de sindicatos os traballadores dende o próximo 21 de maio non acudirán aos seus postos de traballo as mañás de catro mércores consecutivos nas que farán concentracións ante a sede da construtora na rúa Gorgullón.

Estas medidas de presión estás supeditadas ás decisións que adopte o Xulgado do Mercantil, segundo informou o representante da CIG, Xaquín Agulla.