En marcha a renovación do aparcamento disuasorio fronte ao pavillón municipal

Pontevedra
18 de outubro 2021

A actuación dividirase en dúas fases para evitar a perda de todas as prazas de aparcamento mentres duren os traballos

Mal estado do aparcamento disuasorio ubicado fronte ao Pavillón Municpal Mónica Patxot

As obras de renovación e mellora do firme do aparcamento disuasorio situado fronte ao Pavillón Municipal de Deportes xa están en marcha.

Despois da intervención no de Mollavao, o Concello iniciou este luns unha intervención similar e tamén moi demandada polos usuarios.

A actuación dividirase en dúas fases co obxectivo de evitar perder todas as prazas ao mesmo tempo.

Así, xa está pechada a primeira metade deste aparcamento para a limpeza, roza e restauración do firme. Unha vez conclúa esta parte, reabrirase ao tráfico e as obras desprazaranse á segunda metade da parcela.

TÉ preciso lembrar que tras a finalización dos traballos manuais, o novo firme necesita uns días para compactar e facer que perdure a actuación no tempo. Unha vez conclúa este proceso, será o momento no que se active a segunda parte das obras.