A entrada a O Grove por Luis Antonio Mestre será humanizada

O Salnés
24 de marzo 2026
Actualizado: 14:45

A previsión é que as obras poidan comezar xa este mesmo ano. "É unha das obras máis importantes do mandato", subliñou o alcalde. Nesta arteria principal do Grove había "moitos problemas"

Tráfico na avenida Luis Antonio Mestre, no Grove Concello de O Grove

Un convenio que asinarán a Xunta de Galicia e o Concello do Grove, valorado en 2,6 millóns de euros, servirá para financiar unha das obras máis agardadas no municipio.

Trátase da humanización da principal entrada á vila, a rúa Luis Antonio Mestre.

A actuación desenvolverase ao longo dun tramo aproximado de 890 metros da vía, entre a rúa Borreiros e o desdobramento da Rúa da Praza, segundo explicou o presidente galego, Alfonso Rueda, tras a xuntanza semanal do seu goberno.

A Xunta achegará 1,7 millóns euros e o goberno municipal os 900.000 euros restantes, que financiará a través do Plan Extra da Deputación.

O acordo busca intervir neste treito da PO-316, principal vía de acceso ao núcleo urbano do Grove, que soporta un trafico intenso interurbano ademais do fluxo de vehículos pesados que acceden ao porto de Meloxo desde a avenida de Portugal.

A idea é crear un espazo "máis versatil e seguro" para todos os usuarios da vía, polo que se instalarán elementos redutores de velocidade e reforzarase a accesibilidade.

Ademais, se renovarán todos os servizos urbanos, entre eles os de saneamento, abastecemento e iluminación pública.

En virtude deste convenio, o Concello do Grove aceptára tamén a transferencia de todo o dominio público viario da PO-316 entre a Rúa da Praza e o alto de Borreiros.

A súa acta de entrega será asinada antes do inicio da execución das obras.

O alcalde do Grove, José Cacabelos, recordou que este é un proyecto que "levábamos anos demandando" e indicou que o acordo establece que será o Concello quen terá que licitar e executar estas obras de humanización.

A previsión é que as obras poidan comezar xa este mesmo ano.

"É unha das obras máis importantes do mandato", subliñou Cacabelos, porque é unha das arterias principais do Grove e nela había "moitos problemas". Esta actuación permitirá, destacou, cambiar "radicalmente" a imaxe desta travesía.