Entregan unha recreación da cantiga 104 de Alfonso X á igrexa de Santa María de Caldas

Umia
16 de agosto 2025
Actualizado: 17:36

O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, fixo entrega da copia enmarcada da cantiga, na que a vila termal é protagonista

Entrega duhna copia enmarcada da cantiga 104 de Alfonso X Concello de Caldas de Reis

A Igrexa de Santa María, en Caldas de Reis, conta desde o venres cunha copia enmarcada da cantiga 104 de Alfonso X O Sabio.

A entrega do exemplar realizouna o alcalde de Caldas, Jacobo Pérez, minutos antes do inicio dunha misa no templo.

Cabe lembrar que nesa cantiga é protagonista a vila termal.

O Concello lembra que promove, en colaboración con outras entidades como a Asociación Terra Calda, a divulgación da historia desta composición de Alfonso X, que fai referencia a un milagre que tivo lugar na localidade.

"Queremos que os e as ferigresas que acoden ás igrexas de Santa María, e que tamén reciben a visita dun gran número de peregrinos, teñan a ocasión de contemplar esta composición e coñecer a súa historia", afirmou o alcalde.