'Equipo Ja' e 'Os do Val do Lérez' levarán o seu humor ao certame de murgas de Barro

Barro
28 de febreiro 2023

O sábado 4 de marzo celebrarase en Barro a cuarta edición do Certame de murgas que terminará a programación do Entroido no Concello

'Os do Val do Lérez' na final do concurso de Murgas de Pontevedra Mónica Patxot

Este sábado 4 de marzo celebrarase en Barro o IV Certame de murgas. O acto terá lugar na Nave da Música da vila ás 20 horas. A entrada é libre ata completar o aforo.

Esta edición contará coa presenza de 'Os do Val do Lérez' e 'El equipo Ja', os gañadores e os segundos respectivamente no Certame de Murgas de Pontevedra; e a 'Murga de Naveiro'.

Esta celebración chea de humor pon o broche final a varias semanas de actividades e rematará a programación de Entroido no Concello de Barro.