Xornada de inauguración en Soutomaior.
O alcalde, Manu Lourenzo, e o deputado provincial Jorge Cubela estrearon oficialmente cun acto este sábado a reforma acometida no Val-Sobral.
En concreto acometeuse o asfaltado e adecuación dun tramo de estrada de preto de 800 metros que abarca desde a zona da Chan (O Sobral) até A Chan da Moreira no acceso ao barrio de Lourido.
As obras contemplaron o acondicionamento de tres núcleos para que funcionen cemo pequenas prazas e puntos de encontro veciñais e que "darán moita vida no Val-Sobral", afirmou o director técnico da obra, Marco Díaz.
"Temos que ser capaces de levar este tipo de actuación a todo o concello e de ir expandido un modelo urbano máis amable, máis respectuoso, máis pensado para as persoas, máis accesible e na que se poña en valor esta marabilla de concello que aquí temos", defendeu pola súa banda o alcalde.
Tanto desde o Concello como por parte da Deputación destacouse a colaboración institucional para poder afrontar o proxecto.
De feito as obras foron financiadas cunha achega de 160.000 euros da Deputación no marco do Plan +Provincia.
A inauguración incluíu un aperitivo para os veciños e a actuación do artista local Iván Gulín.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.