Impulsan unha plataforma veciñal de afectados da estrada Ponte Caldelas-Laxoso-Augasantas

Ponte Caldelas
15 de febreiro 2016

Acusan á Xunta de Galicia de negarse a executar o proxecto de mellora, que conta cun orzamento de dous millons de euros. Os afectados  convidan ao Concello de Ponte Caldelas a formar parte da plataforma co fin de aunar esforzos na "defensa dos intereses dos veciños e usuarios do vial" e convocaron unha asemblea veciñal o vindeiro xoves ás 20.30 horas na Casa do Pobo de Laxoso

Reunión dos veciños de Laxoso co Goberno local Concello de Ponte Caldelas

Os veciños da parroquia de Laxoso, en Ponte Caldelas, están a impulsar a creación dunha plataforma de afectados pola estrada PO-234, que une Ponte Caldelas Laxoso e Augasantas. Acusan á Xunta de Galicia de negarse a executar o proxecto de mellora, que conta cun orzamento de dous millons de euros

Os afectados convidan ao Concello de Ponte Caldelas a formar parte da plataforma co fin de aunar esforzos na "defensa dos intereses dos veciños e usuarios do vial" e convocaron unha asemblea veciñal o vindeiro xoves ás 20.30 horas na Casa do Pobo de Laxoso.

Os veciños queren que a reforma do vial se realice na súa totalidade, como figura no proxecto, "e non en fases como agora propón a administración autonómica". "Despois de agardar tantos anos non queremos que haxa máis demoras facendo a obra a plazos, tarde, mal e nunca", sosteñen.

A plataforma está integrada por veciños de Laxoso e outros colectivos veciñais do municipio que consideran, segundo recolle o Concello de Ponte Caldelas nun comunicado, "que a actitude da Xunta non é a máis correcta" e queren que se execute a obra canto antes e na súa totalidade.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, manifestou que a intención do Concello é escoitar a tódalas partes e "sobre todo aos veciños coa intención de analizar en profundidade todos os puntos de vista e tentar atopar unha solución satisfactoria". Na súa opinión "o que non é de recibo é que unha obra cun orzamento bastante moderado como o que estamos afeitos a ver e que daría resposta a un grave problema de seguridade viaria que ameaza constantemente a vida dos usuarios desta estrada se siga dilatando no tempo".

Andrés Díaz anuncia que acudirá á asemblea veciñal do xoves.

Arquivado en