O incendio declarado a última hora da tarde deste luns entre a parroquia pontevedresa de Lourizán e o Monte Pituco, en Marín, deixou como consecuencia un corte da subministración eléctrica nas casas da zona.
Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, o lume afectou a varias liñas de alta tensión.
Segundo informou Naturgy ao Concello, sobre as 9.40 horas deste martes había 3 centros de transformación sin servizo e 247 clientes afectados.
A primeira hora da mañá deste martes estaban tratando de resolver a avaría "o antes posible" para poder restaurar o servizo.
O lume comezou sobre 20.30 horas nunha zona prácticamente colidante a Marín, en San Xulián, aínda que, segundo o Concello, non houbo perigo de afectación a vivendas.
Detectáronse tres focos activos, dos que dous foron controlados nos primeiros momentos grazas ao amplo dispositivo de medios terrestres e aéreos despregado.
Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, a superficie afectada chegou ás dez hectáreas.