Instalan céspede artificial para completar a renovación do parque infantil de Ricardo Portela

Pontevedra
01 de setembro 2021

O parque infantil de Ricardo Portela, no barrio da Parda, xa está completamente renovado. Os operarios da empresa Garocaprim remataron cos traballos iniciados hai un par de semanas e nos que se investiron máis de 15.000 euros

Parque infantil en Ricardo Portela Concello de Pontevedra

O parque infantil de Ricardo Portela, no barrio da Parda, xa está completamente renovado. Os operarios da empresa Garocaprim remataron cos traballos iniciados hai un par de semanas e nos que se investiron máis de 15.000 euros.

Este equipamento, situado na urbanización das Camelias, entre as rúas Gaiteiro Ricardo Portela, Camposanto, Virxinia Pereira e Pintor Laxeiro, completou o seu novo aspecto cun pavimento recuberto de céspede artificial.

O proxecto tamén incluíu a renovación dos distintos elementos, substituíndose pezas, manguitos, cadeas e cordas de bambáns e demais xogos, que foron pintados de novo.

A intervención completouse coa restauración de bancos, papeleiras e o mobiliario.

Desde o goberno municipal, o tenente de alcalde, Tino Fernández, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, destacaron o resultado "inmellorable" desta renovación que deixou o parque "case como novo".