Un veciño de Arcade, de 40 anos, está a ser investigado pola Garda Civil por trapicheo de droga.
Segundo informan fontes oficiais da Garda Civil, os axentes do Posto de Soutomaior levan este caso no que está implicado este individuo, natural de Redondela e con antecedentes policiais.
Foi identificado como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas, tras intervirlle 14 doses de cocaína e 860 euros en efectivo.
Segundo detallan desde o Instituto Armado, os feitos ocorreron o pasado 27 de xuño, sobre as 23:40 horas, cando unha patrulla de gardas civís deu o alto a un vehículo no centro urbano de Arcade, durante un servizo de seguridade cidadá.
Durante a actuación, os axentes observaron que o condutor mostraba un notable estado de nerviosismo, polo que procederon á súa identificación e ao rexistro do vehículo e das súas pertenzas.
Como resultado do rexistro, os gardas civís atoparon unha carteira que contiña 14 dose de cocaína, presuntamente preparadas para a súa distribución e venda polo miúdo, así como unha faldriqueira con 860 euros en efectivo, distribuídos en diversos billetes.
Ante estes feitos, os axentes procederon á investigación do condutor como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
As dilixencias instruídas foron entregadas no Tribunal de Primeira Instancia e Instrución de Redondela.