Máis parques ou un circuíto de motocrós, as peticións dos escolares de Nantes ao Concello

Sanxenxo
14 de xaneiro 2026

Alumnos e alumnas de Primaria do CEIP Nantes visitaron o Concello. O alcalde Telmo Martín e a concelleira de Educación foron os encargados de recibilos e mostrarlles o funcionamento municipal

Visita de escolares de Nantes ao Concello

Os escolares de primero, segundo e terceiro de primaria do CEIP Nantes, en Sanxenxo, queren, para mellorar a súa parroquia, máis parques ou un circuíto de motocrós.

Así llo trasladaron este mércores alalcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Educación, Nati Parada, durante unha visita ao Concello.

Un grupo de 24 alumnos e alumnas visitaron o Concello e tiveron a oportunidade de formular no salón de plenos algunhas das súas peticións.

Como resposta, o alcalde, prometeulles: "Estudaremos todas as propostas que nos facedes e se podemos, cumplirémolas".

Os escolares sentaron nas cadeiras que ocupan os membros da Corporación municipal e repasaron as funcións dos plenos ou o significado das bandeiras.

O alumnado tamén coñeceu o departamento do padrón, onde están rexistrados todos os veciños do municipio. Alí interesáronse polo número de nenos que viven en Sanxenxo e saudaron á concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez.

Tamén visitaron a oficina de Turismo no porto deportivo de Sanxenxo. Alí, o concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, explicoulles a importancia do municipio como destino turístico e os espazos máis visitados cada ano, así como os recursos paisaxísticos e patrimoniais.

Visita de escolares de Nantes para coñecer o funcionamento do ConcelloConcello de Sanxenxo

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora