María Biempica acusa o PP de intentar excluíla de cinco consellos escolares

Pontevedra
11 de decembro 2014

Serían os colexios da Xunqueira I, A Xunqueira II, Parada (Campañó), a escola de capataces de Lourizán e a Escola de Restauración. Segundo María Biempica, o PP presentou unha "reorganización interna" do seu grupo nestes consellos escolares e denuncia que non lle notificaron o cambio, a pesar de que lle afectaba directamente e quedaba excluída destes

María Biempica, concelleira non asdcrita en Pontevedra Mónica Patxot

A concelleira non adscrita María Biempica denunciou publicamente que o Partido Popular, formación que abandonou hai uns meses por discrepancias co seu voceiro, intentou excluíla dos cinco consellos escolares nos que participaba como representante do Concello. Serían os colexios da Xunqueira I, A Xunqueira II, Parada (Campañó), a escola de capataces de Lourizán e a Escola de Restauración.

Segundo María Biempica, o PP presentou unha "reorganización interna" do seu grupo nestes consellos escolares e denuncia que non lle notificaron o cambio, a pesar de que lle afectaba directamente e quedaba excluída destes. Foi substituída polo concelleiro popular Miguel Ángel Meijón, mediante acordo da Xunta de Goberno do pasado 17 de novembro.

Tras falar co secretario do Concello e cos membros do goberno local, este primeiro acordo suspendeuse unha semana despois, o día 24, á espera dunha resolución definitiva desta cuestión. Asegura que, en función do regulamento municipal, lle correspondería representan ao Concello de Pontevedra en dous destes consellos e non se quedar sen ningún como, asegura, pretendían os seus ex compañeiros.

Biempica afirma que quixo facer público este asunto porque algunhas ANPAS se dirixiron a ela "pensando que había dejado de asistir a los consellos motu propio". Adianta que defenderá o seu dereito a estar presente nestes dous consellos, que en principio lle gustaría que fose Parada (Campañó), "por el trabajo que llevamos haciendo desde hace mucho tiempo para dotarlo de comedor" e un dos dous centros da Xunqueira.

Dende o PP, pola súa banda, aseguran que se limitaron a cumprir un requirimento que lles enviou o secretario municipal hai xa varios meses.