Un mesmo cartel identificativo será a imaxe dos furanchos que solicitaron e obtiveron autorización para a realización desta actividade gastronómica en Marín durante o ano 2016.
Este cartel anunciador foi entregado este venres aos representantes de cada establecemento por parte da concelleira de Turismo, Cristina Acuña.
O regulamento de furanchos do Concello de Marín establece a tempada de funcionamento entre o 1 de febreiro e o 30 de xuño.
Excepcionalmente, os furanchos que queiran ampliar o período de apertura poderán solicitalo no concello, sempre que non superen os tres meses de actividade e nunca máis alá do 31 de xullo.
O horario de apertura é de 12:00 a 00:00 horas, e as noites dos venres, dos sábados e as vésperas de festivos este horario poderase ampliar en unha hora máis.
A policía local supervisará o cumprimento deste regulamento e levantará denuncia administrativa dos particulares que non teñan licenza para esta actividade.