Monitores dunha escola de surf rescatan un neno arrastrado pola corrente na Lanzada

O Salnés
04 de xullo 2015

Nese momento, estaban a impartir unha das súas clases e viron como o neno tiña serias dificultades para chegar á area. Ao ver que lles facía sinais de socorro, non dubidaron en lanzarse ao mar para rescatalo, remolcándoo cunha táboa de surf sobre a que puido volver á praia

Rescate dun neno na Lanzada por parte de tres monitores de surf Jacobo Vidal / PontevedraViva

O mar sempre é perigoso, mesmo cando menos te o esperas. Iso é o que lle sucedeu a un neno que, esta mañá, foi rescatado na praia da Lanzada despois de que a corrente o fose arrastrando e non lograse saír da auga polos seus propios medios.

Foron tres monitores da escola de surf Mission os que axudaron ao mozo e evitaron un desenlace fatal.

Nese momento, estaban a impartir unha das súas clases e viron como o neno tiña serias dificultades para chegar á area. Ao ver que lles facía sinais de socorro, non dubidaron en lanzarse ao mar para rescatalo, remolcándoo cunha táboa de surf sobre a que puido volver á praia.

O suceso, que tivo lugar sobre as once e cuarto da mañá, quedou finalmente nun susto.

De feito, o neno nin sequera necesitou ningún tipo de asistencia médica tras volver á area.