O Burgo terá un novo centro social dentro de oito meses

Pontevedra
02 de xullo 2018

A empresa Gómez Crespo Obras y Servicios será quen execute as obras de acondicionamento do novo centro social do Burgo, situado no estado de fútbol de Pasarón. Fará estes traballos por un prezo de 529.254 euros e prometeu un prazo de execución de oito meses, segundo avanzou o Concello de Pontevedra

Estadio Municipal de Pasarón Mónica Patxot

A empresa Gómez Crespo Obras y Servicios será quen execute as obras de acondicionamento do novo centro social do Burgo, situado no estado de fútbol de Pasarón.

Fará estes traballos por un prezo de 529.254 euros e prometeu un prazo de execución de oito meses, segundo avanzou este luns o Concello de Pontevedra.

O proxecto estará financiado pola Deputación de Pontevedra con cargo ao convenio asinado recentemente entre as dúas institucións, e enmarcado dentro do protocolo asinado a principio deste mandato.

A obra consistirá na creación dun centro social accesible e intelixente dende un punto de vista social, económico e enerxético, totalmente independente do estadio de fútbol de Pasarón cunha nova e específica entrada para o local social.

O futuro centro social de O Burgo ocupa 1.087 metros. No soto estarán almacéns e armarios diferenciados para a asociación de veciños e para o Pontevedra CF. O primeiro andar disporá dun vestíbulo e zona de estancia de 111,50 metros cadrados, unha aula social de 62,40 metros e un salón multiusos de 97,05 metros, entre outras dependencias.

Estes espazos estarán destinados a actividades, cursos ou obradoiros, polo que se inclúe unha cociña-aula solicitada pola asociación de veciños.

CURSOS DE FORMACIÓN

A Xunta de Goberno adxudicou tamén este luns á empresa Forga a organización dos primeiros cursos do plan municipal de formación laboral. Recibirá 34.900 euros e os cursos terán que estar impartidos a 30 de novembro deste ano.

Serán catro cursos os que impartirá esta empresa: dous de atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institución sociais e dous de actividades auxiliares de almacén. Cada un deles estará destinados a quince alumnos que, durante esta formación, recibirán 15 euros ao día, o que suporá entre 330 e 350 euros ao mes.