O Concello denega as licenzas para crematorios en Arcebispo Malvar e Montecelo

Pontevedra
27 de xuño 2015

Na orde do día da xunta de goberno que se celebrará o próximo luns figuran dúas resolucións polas que os técnicos da oficina municipal de urbanismo denegan as licenzas de obras de construción, instalación e apertura de dous dos crematorios

Acondicionamento do solar de Arcebispo Malvar no que se proxecta un tanatorio

Na orde do día da xunta de goberno que se celebrará o próximo luns figuran dúas resolucións polas que os técnicos da oficina municipal de urbanismo denegan as licenzas de obras de construción, instalación e apertura de dous dos crematorios.

Por un lado, rexeitan a solicitude de licenza formulada pola empresa Tanatorio Las Corrientes para construír un crematorio no soar situado fronte á praza de Valentin García Escudero na rúa Arzobispo Malvar.

E por outra parte, tamén se denega a solicitude formulada pola empresa Rías Baixas para construír un crematorio na avenida de Montecelo, na parroquia de Mourente.

As resolucións son negativas en virtude das novas normas municipais que regulan a situación deste tipo de instalacións.