O Concello peonalizará unha parte da praza de Barcelos

Pontevedra
19 de xaneiro 2016

Tal e como pediran os alumnos deste colexio, o Concello prepara unha nova ordenación do espazo público para que o viario situado fronte ao centro escolar poida ser utilizado como patio de recreo. Para iso o goberno local propón cambiar o sentido da circulación do tráfico rodado, de maneira que a entrada ao colexio non quede interrompida polo paso dos coches e limitando a circulación no viario lindeiro co muro do convento ao acceso a garaxes e servizos

O Concello peonalizará unha parte da praza de Barcelos PontevedraViva

Os concelleiros Carmen Fouces e Luís Bará, mantiveron este martes un encontro con profesores, pais e alumnos de quinto de Primaria do colexio Praza de Barcelos aos que adiantaron os plans do Concello para peonalizar unha parte da Praza.

Tal e como pediran os alumnos deste colexio, o Concello prepara unha nova ordenación do espazo público para que o viario situado fronte ao centro escolar poida ser utilizado como patio de recreo.

Para iso o goberno local propón cambiar o sentido da circulación do tráfico rodado, de maneira que a entrada ao colexio non quede interrompida polo paso dos coches e limitando a circulación no viario lindeiro co muro do convento ao acceso a garaxes e servizos.

Quedaría por tanto peonalizada a "L" que conforman os viarios de acceso ao Colexio.

A idea principal, segundo resumiu Luís Bará é, "converter a praza de Barcelos non patio do colexio" e para iso é necesario actuar na vía pública, "dotándoa dunha plataforma única e restrinxindo ou tráfico".

A Policía Local ten elaborado un estudo previo no que se amosa a viabilidade de restrinxir o tráfico diante do centro de ensino e levar os tráficos polo outro lado da praza de Barcelos.

Aproveitando esta actuación, o Concello tamén iniciará conversas con Fenosa para soterrar o distribuidor que ten na entrada do recinto do colexio de Barcelos, e tamén para realizar melloras no resto de vías da praza e tamén no seu interior.

Respecto dos prazos, o compromiso asumido polo goberno local, é que este ano se poida executar "como mínimo a parte frontal do colexio, ademáis de melloras na rúa do Rouco".

Nunha segunda fase exponse cambiar o lousado actual da praza de Barcelos, así como nas zonas de circulación onde está bastante deteriorado.

A concelleira de Educación, Carme Fouces, e ao edil de Mobilidade, Luís Bará, convocarán nos próximos días aos veciños da zona para informar deste proxecto "para que sexa un proxecto asumido e compartido maioritariamente", dixeron.