O Concello reforza a súa aposta polos dous pedais con Pontenbici

Pontevedra
22 de abril 2014

O Concello reforza a súa aposta polos dous pedais cunha serie de actividades durante os meses de abril a xuño baixo o nome xenérico de Pontenbici. Segundo o concelleiro responsable da área, Miguel Filgueira, "Pontevedra é un lugar ideal para os ciclistas porque a cidade enteira é un carril bici"

Presentación das actividades de Pontenbici Mónica Patxot

O Concello reforza a súa aposta polos dous pedais cunha serie de actividades durante os meses de abril a xuño baixo o nome xenérico de Pontenbici

  • Exposición Bicis clásicas e antigas, no Pazo da Cultura. Inaugúrase o 25 de abril, ás 20 horas. Ás 20:30 horas dese mesmo día, conferencia de Juan Granados, presidente da Asociación Nacional de Bicicletas Antigas e clásicas, sobre a historia do ciclismo en Pontevedra. Do 25 de abril ao 1 de xuño.
  • Pedalada familiar. Todos poden participar neste clásico da primavera pontevedresa. Desde a Praza de España, o domingo 27 de abril ás 11 horas.
  • Instienbici Para animar aos mozos a que acodan aos seus institutos en bicicletas proponse unha pedalada pola capital na que participan os institutos da cidade, o xoves, 8 de maio
  • Natureza sobre rodas.
    • Saídas familiares para mayores de 8 anos, domingos 4, 11 e 25 de maio
    • Saídas para mayores de 16 anos o domingo 15 de xuño
  • Bicifeira. O mundo da bici. Exposicións comerciais en bicis, na Praza de España. Haberá:
    • Mercadiño de bicis novas e usadas. Coa entrega do Premio Mobilidade Ciclista ás 11,30 horas.
    • Obradoiros e charlas.
      • Sábado 17 de maio.
        • Ás 17 horas, charla sobre turismo deportivo
        • Ás 19 horas, presentación da Familia Supertramp (Volta a Europa en Trike).
        • A seguir, Sprint de Fixes en Montero Ríos.
      • Domingo 18 de maio.
        • Ás 11 horas, obradoiros sobre mecánica básica e ergonometría da bici
        • Ás 12 horas, charla sobre movilidades alternativa, As charlas serán na Sala Audiovisual dentro do hall da Casa Consistorial.
    • Cars a pedais: poderase alugar un pedicar por un tempo ou por circuítos concretos do centro histórico a prezos populares.
    • Ritcheu: Poderase alugar un paseo nestes taxis tan frecuentes na India, a prezos populares
  • Marcha nocturna: Sábado 17 de maio, ás 22 horas, con saída da Praza de España, polo centro da cidade.
  • Marcha de clásicas. Paseo en bicis clásicas a Combarro, con saída da Praza de España. Con bicis de antiguidade anterior a 1970, e que teñan o cambio no cadro, Haberá vehículos de apoio, e valorarase que os participantes utilicen roupas desa época. Será o domingo 8 de xuño.
  • Obradoiro de Recicletas. Casazul vai iniciar un programa permanente de Recicletas nos obradoiros de Monte Porreiro, con temáticas sobre ergonomía, mantemento básico e outros dirixidos aos veciños do Concello. A primeira acción levarase a cabo no mes de maio-xuño.