O estaleiro de Marín segue crecendo

Marín
15 de decembro 2016

No porto de Marín ultímase a construción dun novo remolcador para a frota de Amare Marín que este mércores baixou do carro do estaleiro Nodosa

Un novo remolcador baixou do carro do estaleiro Nodosa Autoridad Portuaria

No porto de Marín ultímase a construción dun novo remolcador para a frota de Amare Marín que este mércores baixou do carro do estaleiro Nodosa. 

A carteira de traballos de Nodosa segue dando alegrías. Entre os últimos pedidos figura o contrato coa sociedade Jupiter Fishing Company Ltd. para a construción dun novo arrastreiro de 74 metros de eslora por 14 de manga para captura de lura patagónico no caladoiro de Malvinas.

A empresa, propiedade das familias Novas e Dopico, traballa actualmente na construción outro gran arrastreiro e un palangreiro ambos tamén para Malvinas ademais dun remolcador, un arrastreiro para Gran Sol e dous buques de recollida de residuos que operarán no porto de Barcelona.

Pero as cifras máis destacadas son as de emprego, Nodosa ten un volume medio de traballadores dunhas 250 persoas.