O festival PortAmérica volve reforestar Portas coa iniciativa "Unha entrada, unha árbore"

Umia
03 de febreiro 2023

O festival PortAmérica impulsa, un ano mais, a súa proposta "Unha entrada, unha árbore", que consiste en repoboar a área que está próxima ao espazo do festival, con árbores autóctonos.

Persoas colaborando na iniciativa "Unha entrada, unha árbore"
Persoas colaborando na iniciativa "Unha entrada, unha árbore"

"Unha entrada, unha árbore" é unha iniciativa do Festival PortAmérica que ten como obxectivo plantar 1.050 árbores autóctonos para contrarestar as emisións de CO2 que se producirán coa realización do festival.

Esta reforestación vaise levar a cabo o día 11 de marzo nos Montes de Romai (Portas) as 10:00 horas, sendo o punto de encontro Outeiro Grande, monte veciñal de Lantaño (42.554236, -8.6812558). 

Esta propuesta ten a súa orixe en 2017, nas xornadas de medioambiente, e poden cooperar tanto os colaboradores como as persoas que desexen participar. Actualmente, xa levan 4.900 árbores plantados e 24 toneladas de CO2 compensadas. Colaborarán neste proxecto a Comunidade de Montes de Romai; o Concello de Portas; a Comunidade de Montes de Lantaño; a Consellería do Medio Rural; a Deputación de Pontevedra; Coca Cola; Estrella Galicia; Agader; Gadis; Montiño e O Hotel Cruceiro. 

O Festival PortAmérica foi finalista na categoría de "Contribución e Sostebilidade" e na de "Mellor Actuación en Directo" polos seus valores. 

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa teñen a posibilidade de inscribirse neste enlace e tamén poden obter mais información sobre o plan de sostibilidade no seu Informe de Sostenibilidade.

Ademais desta inicativa, o festival PortAmérica ofrece a participación nun sorteo sostible, no que achegan 50 packs de bombas de biodiversidade, que conteñen flores atlánticas. As persoas interesadas en participar terán que realizar a súa inscripción no seguinte ligazón