O garaxe de Costa Giráldez pecha o 24 de abril para converterse nun Gadis

Pontevedra
21 de marzo 2021

Un cartel na porta do aparcamento de Costa Giráldez, no número 49 da rúa Benito Corbal, anuncia o peche desta instalación o vindeiro 24 de abril, ás 20.00 horas. Os propietarios agradecen a confianza depositada pola súa clientela ao longo dos 70 anos que levaba funcionando este garaxe, que ata 2015 tamén foi gasolineira

Garaxe de Costa Giráldez Diego Torrado

Un cartel na porta do aparcamento de Costa Giráldez, no número 49 da rúa Benito Corbal, anuncia o peche desta instalación o vindeiro 24 de abril, ás 20.00 horas.

Os propietarios agradecen a confianza depositada pola súa clientela ao longo dos 70 anos que levaba funcionando este garaxe, que ata 2015 tamén foi gasolineira. 

O peche do Costa Giráldez dará paso a un supermercado Gadis. Como informou o concelleiro de Urbanismo de Pontevedra, Xaquín Moreda, a empresa solicitou ao Concello un cambio de usos comerciais do edificio para que pase de ser garaxe a acoller un establecemento de alimentación. 

A empresa tamén presentou, durante o mes de setembro deste ano 2020, o proxecto para o novo supermercado, a cargo da arquitecta Teresa Táboas e no que recolle a súa intención de obrar na primeira e a segunda planta do edificio e arrombar a fachada, así como instalar o seu rótulo correspondente.