O Gorgullón vístese de gala para celebrar o final das obras

Pontevedra
01 de abril 2022

Festa infantil, música e baile para festexar a conclusión dunhas obras que converten o barrio nunha referencia para a convivencia nos espazos públicos do resto da cidade

Celebración do final das obras no barrio do Gorgullón Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra organizou unha festa na tarde deste venres para celebrar a finalización das obras nas rúas perimetrais do Gorgullón.

Con esta celebración, o goberno local quixo agradecer á veciñanza a súa colaboración e paciencia durante o tempo que duraron as obras, que serviron para deixar un "barrio de altísima calidade", dixo o concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gömez

O evento consistiu nunha festa infantil na Praza da Curtidoira con pasacalles incluído. Ademais, na contorna da residencia Soremay, o Grupo Foula protagonizou un espectáculo musical a base de boleros e swing. 

Coa posta de sol, os asistentes tiveron a oportunidade de comprobar o ben que loce a nova iluminación.