O 'ollomóbil' circula xa pola cidade en fase de probas

Pontevedra
12 de marzo 2014

A concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, confirmou que se está comprobando o funcionamento do vehículo a través da Policía Local. Polo momento, dende o goberno local afirman que se descoñece en que momento iniciará as súas funcións de control dos aparcadoiros e sirva para que os axentes multen as actuacións irregulares dos condutores

O 'ollomóbil' en período de probas Imaxe publicada en Twitter

A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, confirmou que o Concello de Pontevedra xa conta co vehículo que exercerá as funcións de 'ollomóbil' tamén coñecido como 'multamóbil', e que está a ser sometido a unha comprobación por parte de funcionarios municipais e á actualización do software antes de que comece a exercer as súas funcións de control de aparcadoiros polas rúas de Pontevedra.

Da Silva sinalou que, polo momento, se encontra nun período de proba e que descoñece cando entrará en funcionamento porque "non depende de nós e non se pode dar un prazo". Sinala que aínda hai que comprobar que estea en condicións, rotulalo e os policías locais terán que someterse a un período de aprendizaxe para o seu manexo.

A concelleira indicou que se avisará do inicio da actividade do 'ollomóbil' con tempo, "para que todo o mundo saiba cando entra en funcionamento".

O 'multamóbil' xa foi visto por varios cidadáns, que a través das redes sociais fixeron circular fotografías do temido vehículo alertando da súa presenza.

Arquivado en