O pleno de Poio saca adiante un axuste de impostos entre fortes críticas da oposición

Poio
29 de decembro 2020

A revisión inclúe a redución á metade do IBI para as rendas menores de 30.000 euros, unha subida do 25 % nesta taxa para as vivendas baleiras e un incremento do 10 % no imposto de circulación para vehículos

Casa consistorial de Poio
Casa consistorial de Poio / Concello de Poio

O pleno de Poio sacou adiante este martes unha serie de bonificacións en diferentes impostos municipais consistentes, segundo explica o goberno local, nunha rebaixa do IBI, unha redución das taxas por herdanzas e a exención do imposto de mobilidade para os vehículos eléctricos.

Sobre o Imposto sobre Bens Inmobles, Poio reducirao ao 50 % para aquelas familias cuxa declaración da renda non supere os 30.000 euros, mentres que o subirá un 25 % a aqueles propietarios de vivendas baleiras.

Doutra banda, haberá tamén bonificacións para vivienas que fosen construídas antes do 2007 e que non conten con elementos ou sistemas que garantan o aforro enerxético, pero que contemple a súa instalación.

Con respecto ás plusvalías, o Concello pasará a aplicar agora unha bonificación do 50 % para as herdanzas que se realicen en vida, xa que agora viña aplicando só en caso de traspaso de titularidade por falecemento.

Finalmente, co obxectivo de incentivar o uso de vehículos respectuosos co medio ambiente reducirán ao 50 % o imposto de vehículos para os propietarios de automóbiles híbridos e ao 100 %, para os donos de coches eléctricos, do 100 %. Para o resto de vehículos, o recibo sobe un 10 %.

Este axuste impositivo suscitou as críticas da oposición, o portavoz do PP, Angel Moldes, denunciou que Poio sexa o único Concello de Galicia que suba os impostos en plena pandemia. Os populares consideten "unha falta de respecto" que, dos 313 municipios galegos, sexa Poio o único que vaia a subir as tarifas de turismos e furgonetas.

"A subida do 25% do IBI a vivendas deshabitadas parécenos desproporcionada e inxusta xa que hai veciños que teñen vivendas en Poio, incluso herdadas, que non teñen por que ser a súa vivenda habitual pero ao mesmo tempo son vivendas que ocupan de xeito esporádico, fin de semana, na temporada de verán ou durante as vacacións e agora pagarán un 25% máis no IBI", critica Moldes, acusando o goberno local de "afán recadatorio".