O Sánchez Cantón, un "hospital de terror" polo Samaín

Pontevedra
29 de outubro 2021

Estudantes de primeiro e segundo da ESO foron as "vítimas" deste túnel do terror, organizado polos seus compañeiros do grao de técnico superior en Ensino e Animación  Sociodeportiva, ciclo de FP que se imparte neste instituto. De instituto a hospital abandonado e maldito, o Sánchez Cantón entrou polo Samaín nunha realidade alternativa na que ocorreron feitos aterradores

O "hospital do terror" no Sánchez Cantón Mónica Patxot

Sangue, mortos que regresan á vida, operacións… e moitos sustos.

O Samaín converteu o instituto Sánchez Cantón nunha terrorífica experiencia para os seus alumnos, como visitantes do "hospital do terror" polo que tiveron que pasear este venres.

Estudantes de primeiro e segundo da ESO foron as "vítimas" deste túnel do terror, organizado polos seus compañeiros do grao de técnico superior en Ensino e Animación  Sociodeportiva, ciclo de FP que se imparte neste instituto pontevedrés.

De instituto a hospital abandonado e maldito, o Sánchez Cantón entrou polo Samaín nunha realidade alternativa na que ocorreron feitos aterradores e no que os participantes se enfrontaron a situacións verdadeiramente terroríficas.

O centro puido recuperar esta actividade, suspendida o pasado ano pola pandemia, aínda que mantendo un estrito protocolo de seguridade.

Así, polo túnel do terror foron pasando grupos de oito ou nove alumnos, obrigados a levar máscara en todo momento e a usar xel  hidroalcohólico á entrada e á saída.

Para ambientar este hospital, os estudantes do grao de técnico superior en Ensino e Animación  Sociodeportiva contaron coa colaboración de alumnos do ciclo medio de Estética e Beleza do IES Frei Martín Sarmiento, que se encargaron da maquillaxe e a caracterización dos personaxes.