Oito colectivos participarán na Festa dos Maios de Poio

Poio
25 de abril 2024

Ata oito colectivos de Poio participarán este ano na Festa dos Maios, que se celebrará o próximo 1 de maio, a partir das once da mañá, na Praza do Mosteiro. Alí, exporanse doce creacións

Presentación da Festa dos Maios Concello de Poio

Ata oito colectivos de Poio participarán este ano na Festa dos Maios, que se celebrará o próximo 1 de maio, a partir das once da mañá, na Praza do Mosteiro. Alí, exporanse doce creacións.

A edición deste ano, segundo explicou o alcalde, Ángel Moldes, estará dedicada a Francisco Lobajeira Pérez, veciño de Arís de 81 anos, por ser unha das persoas que contribuíron nas últimas décadas a difundir, conservar e expandir a tradición dos maios no municipio.

"Esta é unha festa cun vínculo moi familiar, no que participan persoas de todas as idades, que involucra a todas as parroquias e con moito arraigo no noso concello", explicou Moldes.

No concurso participarán os maios Rockeiriño, Armadiña, Fontela, Laretas, Vilariño, Pimpín, Pitufeiro, Isidoro, Maiolo, Pequemaio, Boureante e Marepodium.

Os premios repartiranse entre os tres primeiros clasificados nas categorías ao mellor conxunto (220, 180 e 150 euros, respectivamente), mellor maio, mellores coplas, mellor coroa, mellor actuación e mellor barco galego tradicional.

Nestes cinco grupos os premios serán de 150, 120 e 100 euros, respectivamente. Ademais, polo mero feito de participar, cada maio recibirá 200 euros e dúas roscas

A xornada tamén estará amenizada polo grupo de música tradicional Vides Novas.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, a mostra dos maios trasladarase á Praza da Chousa, en Combarro, coa colaboración do Ateneo Corredoira e a actuación da Escola de Música tradicional de Poio.