Ollo, isto non se toca! Son trampas para eliminar avespas asiáticas

Sanxenxo
24 de abril 2017

O servizo municipal de Emerxencias de Sanxenxo inicia unha campaña informativa nos centros escolares na que distribúe diverso material

Trampa para vespa asiática Concello de Sanxenxo

Sanxenxo ten en marcha unha campaña para eliminar a avespa asiática, a especie invasora que está a exterminar colmeas de abellas en toda Galicia e causando graves alteracións no ecosistema.

Están a instalarse 50 trampas, colocadas en colaboración coa Asociación Galega de Apicultores, AGA, que se puxeron en contacto co servizo municipal para advertir da presenza de niños secundarios, reciben agora o material para a instalación das trampas

Os apicultores deberán manter as trampas e despois devolvelas mentres que a administración comprométese a achegar o líquido para atraelas e encárgase de cambialo cando resulta necesario. 

A metade das trampas foron distribuídas entre apicultores mentres que o resto son colocadas polo Servizo Municipal de Emerxencias en diferentes puntos do municipio.

Tamén se están levando a cabo charlas informativas nos colexios do municipio para explicarlles aos escolares como identificar os niños primarios, que se forman entre febreiro e abril. A captura da raíña evita a formación de 50. Durante estas charlas, explícaselles aos estudantes como deben actuar en caso de atoparse cun niño. Nestes casos, recoméndase chamar ao 012 e non achegarse nin retiralo.

Arquivado en