Os parques infantís da Praza de Europa e do Mirador locen "como novos" para este verán

Pontevedra
27 de xuño 2022

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, achegouse esta luns ata o barrio de Monte Porreiro para comprobar as actuacións executadas polo seu departamento nestes recintos con investimentos de máis de 15.000 euros para realizar arranxos e melloras das áreas de lecer

Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible, no parque infantil do Mirador
Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible, no parque infantil do Mirador / Concello de Pontevedra

Iván Puentes, concelleira de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, achegábase este luns ao barrio de Monte Porreiro para comprobar as intervencións realizadas nos parques infantís máis utilizados polos escolares da zona. Trátase dos situados no Mirador e na Praza de Europa. 

O investimento total ascende a máis de 15.000 euros para acometer obras de arranxo e mellora integral destas áreas de lecer coa idea de que se atopen en "perfectas condicións de uso e seguridade" para a súa utilización intensiva durante estes meses de verán.

Na Praza de Europa investíronse 10.285 euros para achegar máis area á zona onde se atopa a tirolesa, renovar todo o pavimento e os elementos de xogo, arranxando as gretas e roturas do espazo de herba sintética. Tamén se pintaron e revisaron os diferentes xogos infantís.

No Mirador renovouse tamén todo o pavimento da zona de area, pintáronse os xogos e revisáronse parafusos, tapóns e outros elementos de seguridade. Tamén se adaptaron as randeeiras para que o parque encaixe na normativa autonómica e europea de seguridade, ademais de lograr a certificación da Entidade Nacional de Acreditación para estes parques. Cambiouse todo o peche perimetral de madeira e se mejoraró a zona dos bancos.

Puentes explicou que estas melloras permitirán que estes espazos se presenten "como novos" para este verán. Avanzou tamén que a reforma integral de todo o parque da Praza de Europa acometerase no futuro cun orzamento de 60.000 euros coa construción dunha nova pista polideportiva na zona interior, próxima á igrexa, e a renovación de todo o mobiliario urbano.