O goberno local de Sanxenxo mantivo este xoves unha reunión con diferentes asociacións de Vilalonga, para presentar os detalles do proxecto do centro sociocultural, do novo colexio e da urbanización do Revel.
40 representantes das diferentes asociacións asistiron a esa reunión, convocada polo goberno local, onde puideron coñecer de primeira man todos os detalles destes proxectos.
No referente ao colexio, informóuselles que nestes momentos está a redactarse o proxecto de construción, e que do mesmo xeito que se fixo co proxecto do centro sociocultural, presentaráselle á comunidade educativa en canto sexa recibido.
O goberno fixo fincapé na importancia e o alcance do proxecto de urbanización, no que se investirán 1,8 millóns de euros.
PISTA POLIDEPORTIVA DE NANTES
Por outra banda, este venres o alcalde Telmo Martín estivo no colexio de Nantes para ver o estado das obras de construción da pista polideportiva.
Segundo comentou as obras avanzan a bo ritmo e espérase que a próxima semana póidase instalar a parte superior da cuberta.