O Pazo Provincial acende o nadal pontevedrés

Pontevedra
29 de novembro 2025
Actualizado: 19:54

"Un Nadal que saia do noso interior" é a lema elixido polo goberno provincial para celebrar as festas. A decoración está composta por 250.000 luces eficientes e 1.200 adornos artesanais

Aceso da iluminación do Nadal no Pazo Provincial Deputación de Pontevedra

Cunha chocolatada aberta na Avenida Montero Ríos, e o aceso oficial da súa iluminación do Nadal no Pazo Provincial.

Así deu este sábado a bienbenida ao Nadal a Deputación de Pontevedra.

O evento contou coa música en directo de Xigro's Big Band e unha exposición de 1.200 adornos da colección ViCo, xunto a un belén e un espectáculo visual con 250.000 luces eficientes.

As festas este ano levan por lema na administración provincial 'Un Nadal que saia do noso interior', co que queren resaltar a importancia da contorna natural e o espírito acolledor de Pontevedra tras un verán marcado polos incendios.

"Queremos lembrar a importancia do noso interior xeográfico, dos nosos montes, tan afectados este verán polos lumes; e queremos remarcar que o mellor de nós, o noso estilo de vida familiar e o noso carácter acolledor, levámolo no interior", declarou durante o acto Luís López, presidente provicnial, felicitando as festas a toda a cidadanía.

Arquivado en